Saltar ao contido

Celso Álvarez Cáccamo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCelso Álvarez Cáccamo
Biografía
Nacemento15 de decembro de 1958 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, sociolingüista Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiXosé María Álvarez Blázquez Editar o valor en Wikidata
IrmánsXosé María Álvarez Cáccamo
Berta Álvarez Cáccamo
Alfonso Álvarez Cáccamo Editar o valor en Wikidata

Páxina webblogue.celsoalvarezcaccamo.org Editar o valor en Wikidata
Twitter: CelsoACaccamo BNE: XX1017941 BUSC: alvarez-caccamo-celso-1958 Dialnet: 197469 Editar o valor en Wikidata

Celso Álvarez Cáccamo, nado en Vigo o 15 de decembro de 1958, é un escritor e sociolingüista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Xosé María Álvarez Blázquez e irmán de Xosé María, Alfonso, e Berta Álvarez Cáccamo, entre 1975 e 1990 estudou e viviu en Compostela, Barcelona, Buffalo (EUA) e Berkeley (EUA).

Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade Central de Barcelona. Doutor en Filoloxía Hispánica, a súa tese de doutoramento: The Institutionalization of Galician: Linguistic Practices, Power, and Ideology in Public Discourse foi presentada na UC Berkeley. É mestrado en Lingua e Literatura Españolas pola State University of New York en Buffalo. Actualmente é profesor de Lingüística xeral na Universidade da Coruña.

É autor de múltiples artigos académicos relacionados coa sociolingüística. Xestiona a páxina Versão Original e a revista çopyright de pensamento crítica e intervención. Tamén foi colaborador de Vieiros.

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • Escolma de familia. Cen anos de poesía (2000, Xerais).
  • Poemas ao pai (2008, Espiral Maior).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]